Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas antenas colectivas pola liberalización do Dividendo Dixital

24/10/14 – Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas instalacións de antenas colectivas, se non o fixeron xa, debido ao proceso de liberalización do Dividendo Dixital, que permitirá o despregamento da tecnoloxía 4G. Para iso, terán de prazo ata o 31 de decembro, aínda que antes, este domingo, todos os fogares galegos terán que sintonizar os seus televisores, segundo recordou o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo.

Tras unha reunión no Concello da Coruña, coa presenza do rexedor, Carlos Negreira, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o secretario de Estado incidiu en que «toda a poboación» ten que resintonizar os seus aparellos de televisión este domingo. «Se non se resintorniza deixaranse de ver algunhas canles», indicou Víctor-Calvo Sotelo, que recordou que ata o 31 de decembro veranse «en dúas frecuencias». «Logo perderase un de eles», dixo polo despregamento da tecnoloxía 4G. Dela, precisou que permitirá recibir o sinal «con mellor calidade». Ademais, precisou que esta frecuencia é «a indicada» para o desenvolvemento rural da telefonía móbil.

Por outra banda, recalcou que as persoas que vivan en edificios terán que chamar a un instalador «para amplificar o sinal de cada unha das canles e non perder algúns», subliñou. Para iso, volveu a insistir que haberá de prazo ata o 31 de decembro.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/10/24/61000-edificios-galicia-deberan-adaptar-antenas-colectivas-liberalizacion-dividendo-digital/00031414163370950583329.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

escort bayan ,escort, atasehir escort