As canles de TDT deberán resintonizarse o 26 de outubro para a adaptación ao dividendo dixital
09/10/14 – Os cidadáns deberán resintonizar os seus televisores o próximo 26 de outubro para adaptar as canles de TDT ás novas frecuencias como consecuencia do dividendo dixital, que provocará o paso da banda de 800 MHZ do uso televisivo á súa utilización por parte das operadoras de telecomunicacións no móbil 4G.
Nun comunicado, o Ministerio de Industria lembrou que, para facilitar esta adaptación, algunhas canles de televisión emitiranse durante un período de tempo en simulcast, de forma simultánea na antiga e a nova frecuencia.
O proceso deberá finalizar antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que todos os programas de televisión emitirán unicamente pola nova frecuencia.
Así, Industria volveu a alertar de que é fundamental que os cidadáns que viven en edificios con antenas colectivas chame ao instalador 'canto antes'.
Neste sentido, o Goberno lembrou que se puxo en marcha un plan de axudas para subvencionar as adaptacións ás comunidades de propietarios. As axudas solicitaranse unha vez realizadas as actuacións e están destinadas ás comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificios de vivendas suxeito ao réxime de propiedade horizontal, e que teñan instalado un sistema de antena colectiva baseado en monocanles ou nunha central programable. Ademais, só poderá solicitarse unha subvención por cada comunidade de propietarios.
Ampliar información –
http://cincodias.com/cincodias/2014/10/09/empresas/1412866754_385830.html
Fonte –
http://cincodias.com/