O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aproba un Plan de actuacións para a liberación do Dividendo Dixital e porá en marcha un Plan de axudas para a antenización de edificios.

O pasado 19 de setembro o consello de Ministros aprobaba o Real Decreto 805/2014 co novo plan técnico da TDT e no que se regulan determinados aspectos para a liberación do  dividendo dixital. Dita norma está en vigor desde o día 25 de setembro.
 
O mesmo día 19 aprobábase tamén nun Acordo de Consello de Ministros o Plan de Actuacións para a liberación do dividendo dixital, que está dispoñible en http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/plan-actuaciones-liberacion-dividendodigital.aspx  
 
Así mesmo o Goberno anunciou a posta en marcha dun programa de axudas para sufragar os custes da adaptación das antenas colectivas dos edificios afectados por este proceso. A normativa reguladora destas axudas será aprobada en datas próximas, non obstante elaborouse una guía para a obtención das axudas, co obxecto de que non se retarden as adaptacións das antenas colectivas. Esta guía pode obterse en http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/ayudasadaptacioninstalacionesantenacolectivatdt.aspx ou directamente a través de http://www.televisiondigital.es/DividendoDigital/SalaPrensa/Documents/ANEXOAYUDASM.pdf

Os importes de axuda máximos previstos en Galicia, en función do número de múltiples dixitais afectados  serán:
•    Coruña norte (4 múltiples dixitais): 450 €
•    Coruña sur (3 múltiples dixitais):     350 €
•    Lugo (3 múltiples dixitais):                350 €
•    Ourense (4 múltiples dixitais):         450 €
•    Pontevedra (3 múltiples dixitais):    350 €

Isto solo afecta aos edificios con antenas colectivas con amplificadores monocanles. No caso de que dispoñan de centrais  programables a axuda máxima será de 100 €.

De acordo ao previsto no xa citado Real Decreto 805/2014, o próximo día 26 de outubro producirase a reordenación de canles de televisión dentro dos múltiples dixitais, sendo aconsellable que todos os cidadáns resintonicen os seus aparatos de televisión co mando a distancia, co obxecto de continuar recibindo a oferta completa de canles. O Ministerio de Enerxía, Industria e Turismo prepara una campaña de comunicación que comezará nos próximos días para informar á cidadanía sobre este proceso.
 
Na Web www.televisiondigital.es pódese atopar máis información sobre o dividendo dixital.

escort bayan ,escort, atasehir escort