“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Más de mil familias poden solicitar xa as axudas para equipamentos de recepción da TDT vía satélite nos concellos incluídos no programa de desenvolvemento rural sostible en Galicia

29/06/13 - A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, van destinar máis de 501.110 euros no exercicio 2013 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense. Está previsto que esta subvención beneficie, no presente exercicio, máis de 1.000 familias. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta de Galicia. O prazo para que os beneficiarios presenten as solicitudes (a través dos instaladores autorizados) comeza hoxe e rematará o 30 de setembro.

O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar como máximo un equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda.

A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total de máis de 800.000 euros e beneficiará arredor de 3.000 familias de 78 concellos do interior de Lugo e de Ourense.

Accede á nota de prensa completa

MapaPDRS

pdrs