Cobertura

Podo ver a TDT?
Na actualidade, máis do 85% da poboación galega atópase en zonas con cobertura TDT. Os radiodifusores están aumentando a rede de centros emisores que emiten en tecnoloxía dixital e, polo tanto, cada vez é maior o número de poboacións desde as que se pode acceder á TDT.

Comproba a túa cobertura
Para gozar da Televisión Dixital Terrestre na túa casa, o primeiro paso que debemos realizar, antes ata que revisar a nosa antena e comprar un receptor de TDT, é comprobar se efectivamente dispomos de cobertura TDT na nosa vivenda, é dicir, se se recibe o sinal de TDT emitida pola rede actual de centros emisores e reemisores. A este respecto, o enlace que se presenta a continuación permite visualizar as coberturas estimadas en toda a xeografía galega.
Mapa da Televisión Dixital de Galicia
Debe terse en conta que os datos que se recollen en dito mapa son estimacións elaboradas mediante ferramentas específicas de cálculo de coberturas, o que pode dar lugar a pequenos erros e desviacións de cobertura en determinadas zonas da complicada orografía galega. Para maior seguridade, estes resultados deben ser contrastados por medidas reais de campo, realizadas no lugar preciso onde se desexan recibir os sinais de televisión dixital terrestre. Nese caso, aconséllase a consulta a empresas instaladoras de telecomunicacións (para máis información ver o apartado procura de instaladores).